Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servicios destacados durante a fin de semana do 14 ao 16 de outubro.

Luns, 17 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito de falsificación e uso fraudulento de documento público

Sobre as 12:30 horas do día 14 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta nunha praza reservada para persoas con mobilidade reducida un vehículo estacionado, presentándose de inmediato o condutor que manifesta que é posuidor dunha tarxeta que o habilita para estacionar no devandito lugar.

Os axentes requírenlle a tarxeta, momento no que comproban que é unha fotocopia doutra e que tanto o anverso como o reverso era o mesmo, co propósito de ocultar a identidade do titular da tarxeta, procedendo a consultar a base de datos policial onde se desprende que a referida tarxeta está a nome dunha persoa que nada ten que ver co posuidor da mesma, non sendo nin o condutor, nin o ocupante, nin que tampouco esta persoa fora transportada no vehículo co fin de recollela ou deixada no lugar.

Que é preguntado polos policías por tal circunstancia, manifestando que o titular da tarxeta é un compañeiro, que lle dera unha fotocopia e que a está a utilizar para estacionar nas paradas reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Ante tal situación, procédese a denunciar en materia de tráfico ao vehículo estacionado, ao non estar autorizado, procedendo á intervención da tarxeta por facer un uso ilexítimo da mesma, identificando tanto ao condutor, que está en posesión da tarxeta como ao titular da mesma.

Posteriormente en dependencias policiais, ao realizar unha inspección ocular da tarxeta, obsérvase como as cores non son homoxéneas e existen caracteres numéricos con marcas negras, as cales inducen a error sobre os números orixinais, sendo posible a presunta existencia dunha falsificación da mesma mediante unha fotocopia alterada.

Por tal motivo instrúense dilixencias por un presunto delito de falsificación e uso indebido dun documento público, para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Accidente de circulación e alcoholemia penal

Sobre as 16:30 do día 15, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desplázase á Rolda das Fontiñas xa que, ao parecer, se producira un accidente de circulación, observando á súa chegada que un vehículo estaba envorcado, xa que impactara previamente contra outros CINCO coches estacionados, poñéndose á fala coa condutora de 50 anos e veciña desta cidade, a cal presentaba lesións que inicialmente non revestían gravidade, sendo necesario trasladala nunha ambulancia do 061 ao HULA, lugar onde foi sometida ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por un delito contra a seguridade vial na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntanse imaxes).

Precinto de vehículo por embargo e control de velocidade

Na madrugada do día 16, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo procedeu ao precinto dun vehículo que participaba no Rallye San Froilán, do cal pesaba un mandamento de busca, captura e depósito por embargo, quedando inmobilizado no Depósito Municipal de Vehículos.

Así mesmo, procedeuse a realizar un control de velocidade na Avenida Infanta Elena, coa utilización dun vehículo policial dotado de cinemómetro, controlándose 230 vehículos e denunciando a 7 condutores por superar a velocidade establecida para a vía en 50 km/h.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas