Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos de Seguridade viaria realizados durante a fin de semana do 14 ao 16 de marzo.

Luns, 17 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, establecéndose por parte do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo diversos filtros de seguridade viaria en vías de casco urbano, co seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (4)

  • Na rúa Serra de Ancares dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa unha taxa de alcohol de 1,09 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  • Na rúa Vía Láctea sométese un condutor ao test de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,65 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  • Na rúa Pontevedra sorpréndese un condutor que arroxa un resultado POSITIVO de 0,88 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  • Na rúa San Roque un condutor arroxa un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

ALCOHOLEMIAS POSITIVAS (14)

  • Avenida Infanta Elena. POSITIVO 0,31 mg/l
  • Avenida da Coruña. POSITIVO 0,43 mg/l
  • Otero Pedrayo. POSITIVO 0,63 mg/l
  • Calzada das Gándaras. POSITIVO 0,43 mg/l
  • Vía Láctea. POSITIVO 0,37 mg/l
  • Vía Láctea. POSITIVO 0,53 mg/l
  • Garaballa de Abaixo. POSITIVO 0,30 mg/l
  • Calzada das Gándaras. POSITIVO 0,47 mg/l
  • Ramón Ferreiro. POSITIVO 0,48 mg/l
  • Rúa San Roque. POSITIVO 0,56 mg/l
  • Lamas de Prado. POSITIVO 0,37 mg/l
  • Rúa Xián. POSITIVO 0,44 mg/l
  • Rúa Xián. POSITIVO 0,52 mg/l
  • Marqués de Ombreiro. POSITIVO 0,30 mg/l

Todos os vehículos foron inmobilizados e os seus condutores sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducirl cando as taxas non superan os 0,50 mg/l e de 1.000 euros e 6 puntos en taxas superiores, salvo que constitúa delito.

DROGAS (3)

  • Lamas de Prado. POSITIVO en COCAÍNA
  • Benigno Rivera. POSITIVO en COCAÍNA
  • Benigno Rivera. POSITIVO en OPIÁCEOS

Estes condutores foron sancionados con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos, inmobilizando os vehículos.

PRECINTO DE VEHÍCULOS

Con ocasión destes controis localizáronse dous vehículos sobre os que pesaba un mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladados ao Depósito Municipal onde quedan PRECINTADOS á disposición dos organismos correspondentes.

Noticias relacionadas