Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
Servizos de Seguridade viaria realizados durante a fin de semana do 14 ao 16 de marzo.
- Tema
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico

Controis de alcoholemia e drogas
Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, establecéndose por parte do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo diversos filtros de seguridade viaria en vías de casco urbano, co seguinte resultado:
DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (4)
- Na rúa Serra de Ancares dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa unha taxa de alcohol de 1,09 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
- Na rúa Vía Láctea sométese un condutor ao test de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,65 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
- Na rúa Pontevedra sorpréndese un condutor que arroxa un resultado POSITIVO de 0,88 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
- Na rúa San Roque un condutor arroxa un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
ALCOHOLEMIAS POSITIVAS (14)
- Avenida Infanta Elena. POSITIVO 0,31 mg/l
- Avenida da Coruña. POSITIVO 0,43 mg/l
- Otero Pedrayo. POSITIVO 0,63 mg/l
- Calzada das Gándaras. POSITIVO 0,43 mg/l
- Vía Láctea. POSITIVO 0,37 mg/l
- Vía Láctea. POSITIVO 0,53 mg/l
- Garaballa de Abaixo. POSITIVO 0,30 mg/l
- Calzada das Gándaras. POSITIVO 0,47 mg/l
- Ramón Ferreiro. POSITIVO 0,48 mg/l
- Rúa San Roque. POSITIVO 0,56 mg/l
- Lamas de Prado. POSITIVO 0,37 mg/l
- Rúa Xián. POSITIVO 0,44 mg/l
- Rúa Xián. POSITIVO 0,52 mg/l
- Marqués de Ombreiro. POSITIVO 0,30 mg/l
Todos os vehículos foron inmobilizados e os seus condutores sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducirl cando as taxas non superan os 0,50 mg/l e de 1.000 euros e 6 puntos en taxas superiores, salvo que constitúa delito.
DROGAS (3)
- Lamas de Prado. POSITIVO en COCAÍNA
- Benigno Rivera. POSITIVO en COCAÍNA
- Benigno Rivera. POSITIVO en OPIÁCEOS
Estes condutores foron sancionados con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos, inmobilizando os vehículos.
PRECINTO DE VEHÍCULOS
Con ocasión destes controis localizáronse dous vehículos sobre os que pesaba un mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladados ao Depósito Municipal onde quedan PRECINTADOS á disposición dos organismos correspondentes.
