COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Xoves, 17 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do día 17 de xuño de 2021, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, continuaron co establecemento de controis de alcoholemia e drogas en diversas vías do centro urbano, detectando DOUS condutores con taxas de alcol superiores ás regulamentariamente establecidas.

O primeiro detectado na rúa Villalba, lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e o segundo detectado na Avenida da Coruña, lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l (triplicaba a taxa máxima establecida) polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Persoa falecida en interior de domicilio

Sobre as 11:45 horas do día 16 de xuño, recíbese unha chamada na Sala do 092 da Policía Local de Lugo na que unha traballadora dunha empresa de teleasistencia informaba que desde fai catro días non tiñan contacto cunha abonada, indicando o domicilio desta.

Inmediatamente unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase ao lugar e ao non recibir resposta ás chamadas que realizaban na porta da vivenda, procédese á entrada no domicilio, localizando o corpo sen vida dunha muller de 87 anos que se achaba en chan do dormitorio entre a cama e a parede, dando coñecemento ao Xulgado de Garda para proceder ao levantamento do cadáver.

 

Noticias relacionadas