Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 13 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e delito contra a seguridade viaria

Durante o día de onte e a madrugada de día 13 de xaneiro intensificáronse os controis de alcoholemia nos que participaron patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo e equipos de Atestados do Corpo, empregando tanto vehículos rotulados como camuflados.

Ás 21:15 horas prodúcese un accidente de circulación na rúa Marqués de Ombreiro no que un vehículo que se atopaba circulando choca contra dous estacionados, comprobando os axentes que o condutor se achaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 1,31 mg/l.( cinco veces máis que a taxa máxima permitida), sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias, en calidade de investigado, por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 23:16 horas prodúcese un accidente de circulación na rúa García Abad no que un vehículo en movemento choca contra outro estacionado, comprobando os axentes que o condutor daquel presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/l (máis do triplo do establecido), instruíndose dilixencias, como investigado, por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando o vehículo inmobilizado.

Ás 3:20 horas detéctase a circulación irregular dun vehículo pola Praza de Augas Férreas, lanzando o condutor un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia levadas a cabo de 0,43 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Ás 4:10 horas, na rúa Antonio Rosón, dáse o “alto” a outro vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica de 0,56 mg/l. Iníciase expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

No transcurso destes controis localizouse un vehículo sobre o que pesaba unha orde xudicial de precinto e depósito por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda precintado ao dispor da Autoridade Xudicial.

Altercado en local de hostalería

Sobre as 17:40 horas do día 12 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un local de hostalería da rúa Ramiro Rueda xa que ao parecer estábase producindo unha pelexa.

Ao chegar ao lugar son informados pola camareira do establecemento que instantes antes un cliente púxose a gritar, chamándolle a atención e aquel deulle un golpe na man, momento no que outro cliente intercedeu por ela e o presunto agresor comezou a propinarlle golpes. Un terceiro cliente ao ver a agresión, reduciu ao agresor ata que chegaron os axentes. Que se procede á identificación de todos os participantes na liorta, conducindo ao agresor a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda, trasladando ao cliente agredido a un centro médico para ser asistido das súas posibles lesións.

Noticias relacionadas