Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 7 ao 9 de outubro.

Luns, 10 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Vehículo que transportaba escenario de orquestra inmobilizado por estar dado de baixa

Na tarde do día 7 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acompaña a un vehículo composto por un remolque e a súa cabeza tractora que transporta o escenario dunha orquestra para a actuación na Praza Maior.

Ao chegar ao este lugar compróbase que a cabeza tractora está dada de baixa temporal, polo que se procede a custodiala ata un lugar próximo da Xefatura da Policía Local onde se procede á súa inmobilización.

Dispositivo policial por “KDD de vehículos”

Por redes sociais tívose coñecemento da convocatoria dunha KDD de vehículos no polígono industrial de As Gándaras, polo que se estableceu un dispositivo no que interviron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais camuflados, detectando as seguintes infraccións:

  • Dous vehículos foron interceptados e denunciados por condución neglixente, o que supón para a súa condutores sanción de 200 euros.
  • 1 vehículo foi detectado en condución temeraria, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • 1 vehículo detectado circulando carecendo de SOA, propóndose sanción de 1.500 euros.
  • 1 vehículo cuxo titular non o presentou á ITV no prazo debido, propóndose sanción de 200 euros.

Delitos contra a seguridade viaria

Nos diferentes filtros establecidos durante esta fin de semana detectáronse, ademais de condutores que sobrepasaron a taxa de alcoholemia 0,41 e 0,59 mg/l e que foron sancionados administrativamente con multas de 500 e a retirada de 4 puntos ao primeiro, e 1.000 euros e retirada de 6 puntos ao segundo, as seguintes taxas que corresponden a DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA:

  • Unha patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Ciudad de Vigo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,93 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  •  Na rúa López Guntín detéctase outro vehículo cuxo condutor se acha baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  •  Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo da o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de inxesta de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,84 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  •  En Camiño Real unha patrulla detecta a condución irregular dun vehículo polo que ao proceder á identificación do condutor compróbase a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución por PERDIDA DE VIXENCIA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  •  En Estrada da Granxa un vehículo, ás 2,45 horas do día 9 de outubro, sale da vía, invade a beirarrúa e choca contra unha balaustrada de granito do perímetro do xardín dun edificio. Os axentes observan que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria e trasladando o vehículo ao Depósito onde queda inmobilizado.

(Imaxe)

Condutas incívicas

Na contorna da Catedral foron sorprendidos dous mozos ouriñando na vía pública, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propóndose sanción de ata 900 euros.

Noticias relacionadas