
Detención por delito de lesións
Sobre as 16:10 horas do día 8 de agosto unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a unha vivenda da rúa Miguel de Cervantes, xa que ao parecer produciuse unha agresión.
Os axentes trasládanse de inmediato ao lugar e son recibidos por un home coa cara totalmente ensanguentada, que lles manifesta que, momentos antes, outro home, ao que lle alugaba unha habitación, no momento de marcharse xurdiran discrepancias sobre a cantidade de diñeiro que lle debía devolver, sendo agredido por esta persoa propinándolle varias puñadas e golpeándoo cunha barra de madeira.
Os axentes proceden á identificación do agresor, de 47 anos de idade, e á súa detención xa que as lesións que lle causou ao agredido son graves pois o equipo médico que compareceu no lugar dos feitos atendeuno dunha fractura nasal e un hematoma nun ollo, sendo trasladado nunha ambulancia ao HULA.
Mentres que o presunto agresor foi trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.