Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o fin de semana do 7 ao 9 de xullo.

Luns, 10 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Na madrugada do día 8 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Avenida das Fontiñas, xa que ao parecer estábase producindo unha liorta entre unha parella e a muller estaba a pedir auxilio.

Presentados de inmediato, os axentes entrevístanse coa muller, que está a chorar e moi nerviosa, presentando diversas manchas de sangue na súa vestimenta, sangrando abundantemente por un dos dedos da man, manifestando que a súa parella lle acababa de cortar cun coitelo, accedendo os policías ao interior da vivenda localizando ao agresor na cociña, sentado nunha cadeira e ao seu lado o coitelo ensanguentado, procedendo á súa detención e traslado a un centro médico, xa que presentaba feridas na cara, e posteriormente conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero.

A vítima foi asistida por unha ambulancia do 061 e trasladada posteriormente a dependencias policiais.

Intervención por pelexa en interior de vivenda

Na tarde do día 9, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Río Ulla onde ao parecer estase producindo unha pelexa.

Os axentes son recibidos por unha muller que manifesta que momentos antes uns compañeiros de piso estaban a pelexarse, polo que ao tratar de intermediar para deter a pelexa, foi empuxada levemente por un deles, sendo identificados e instruíndose as primeiras dilixencias para a súa remisión á Autoridade competente.

Danos en interior de establecemento público

Na tarde do día 8, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento de alimentación na Avenida das Foniñas, xa que unha persoa estaba a causar molestias no interior.

Os axentes son informados polo persoal do local de que un neno, que se atopaba co seu pai, tirara varios obxectos dos andeis, non sendo reprendido polo seu pai, collendo unha pistola de auga e rompéndoa, solicitando ao pai que abonase os danos, negándose a iso.

Os policías identifican ao pai do menor, recoñecendo que o seu fillo collera diversos artigos, tirándoos ao chan e que non ía pagar nada, levantándose a correspondente acta de intervención, á espera da presentación da correspondente denuncia polo responsable do establecemento.

Filtros de seguridade viaria

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, especialmente naquelas nas que se detecta un incremento do número de accidentes, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, obtendo o seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na Rolda das Fontiñas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,94 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Nun dispositivo estático de control establecido na Rolda das Fontiñas detectáronse OITO condutores que arroxaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos:
    • 0,57 MG/L
    • 0,37 MG/L
    • 0,36 MG/L
    • 0,35 MG/L
    • 0,34 MG/L
    • 0,33 MG/L
    • 0,32 MG/L
    • 0,30 MG/L

O primeiro condutor foi sancionado con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e os SEIS restantes con 500 euros e 4 puntos do permiso de conducir, procedendo á inmovilización dos vehículos.

Na rúa Dinán estableceuse outro dispositivo onde se interceptaron CATRO condutores que arroxaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia realizadas:

  • 0,58 MG/L
  • 0,37 MG/L
  • 0,33 MG/L
  • 32 MG/L

O primeiro condutor foi sancionado con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e os TRES restantes con 500 euros e 4 puntos do permiso de conducir, procedendo á inmovilización dos vehículos.

POSITIVOS EN DROGAS

Na Avenida das Foniñas detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor foi sometido ás probas de drogas co equipo drogotest, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e THC.

Accidentes de circulación e delitos contra a seguridade viaria

  • Ás 9:05 horas do domingo un equipo de Atestados do Corpo acode á estrada do paseo do Rato xa que se producira un accidente de circulación no que un turismo se saíu da vía pola súa dereita, impactando contra varios postes de madeira e dous farois de iluminación pública, sufrindo danos materiais. O condutor ausentouse do lugar deixando o vehículo no lugar e, cando posteriormente foi localizado, arroxou un resultado POSITIVO en alcol de 0,43 mg/l e resultado positivo en drogas, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria. (Adxúntase imaxe)
  • Sobre as 18:00 horas deste mesmo día un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á rúa Montirón onde un vehículo saíuse da vía chocando contra un turismo estacionado, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 1,08 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida) instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe)

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas