
Controis de seguridade viaria
Durante o luns 8 e martes 9 de maio, tanto en horario diúrno como nocturno, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron diversos controis integrais de seguridade viaria nos que se practicaron probas de alcol e drogas, se chequearon vehículos e condutores para comprobar documentación e estado dos vehículos e controlouse a velocidade con vehículo policial dotado de cinemómetro, co seguinte balance:
- Realizáronse controis de velocidade en vías onde se detecta incremento de accidentes de circulación, nos que se detectaron 83 condutores que pasaron a velocidade máxima permitida. Un deles foi captado na Estrada Vella de Santiago a 116 km/h, cando o límite está establecido en 50 km/h, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, por superar en máis de 60 km/h o límite de velocidade en vías urbanas.
O Código Penal prevé para este caso unha pena de prisión de tres a seis meses e en calquera caso, coa privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e até catro anos.
- Na Rolda da Muralla dáse o alto a un vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
Para este caso o Código Penal establece unha pena de prisión de tres a seis meses.
- Na Rolda de Fontiñas detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l.
- Na rúa Paulo Fabio Máximo dáse o alto a un vehículo cuxo condutor é sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l. Nestes dous casos abríuselles expediente sancionador con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir, inmobilizando os vehículos.
Así mesmo realizáronse diversas denuncias por carencia de ITV e de Seguro Obrigatorio.
Precinto de vehículo por embargo
Durante o transcurso destes controis detectouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda PRECINTADO a disposición do órgano competente.