Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 10 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Ás 2:05 horas do día 10 de febreiro unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un vehículo circula zigzagueando pola rúa Yáñez Rebolo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, sendo inmobilizado.

Así mesmo compróbase que o titular do vehículo non o presentara á Inspección Técnica Periódica no prazo debido e os pneumáticos non presentaban debuxo nas rañuras das bandas de rodamento, abríndose expediente sancionador con multa de 200 euros por cada unha destas infraccións.

Tamén se detectou que este vehículo fora denunciado á primeira hora nun control de velocidade establecido na rolda do Carmen, abríndose expediente sancionador con multa de 300 euros e a retirada de 2 puntos do permiso de condución.

Ademais das sancións administrativas, o condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e en todo caso coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Falsidade documental

Sobre as 21:00 horas do día 9 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola rúa Monte Picato, detecta, a través das bases de datos policiais, que un vehículo ten a ITV caducada desde febreiro do ano 2021 e con todo no parabrisas presenta un adhesivo de ITV de Galicia de cor verde de validez ata febreiro do ano 2022. Que ante esta situación o propietario do vehículo manifesta que hai pouco que adquiriu o coche e que descoñece porque existe esa discordancia entre a documentación do vehículo e o adhesivo.

Os axentes interveñen o adhesivo e instrúen dilixencias por un presunto delito de falsidade documental para a súa remisión ao Xulgado de Garda, abríndose expediente sancionador, por non ter a ITV en vigor, con multa de 200 euros.

Controis de velocidade

No día de onte por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizáronse diversos controis de velocidade en vías do centro urbano onde se detecta un incremento de accidentes de circulación, onde a velocidade é unha das causas do accidente, coa utilización dun vehículo policial dotado de cinemómetro, sendo denunciados 21 vehículos por pasar a velocidade permitida, sendo a velocidade máxima captada de 75 km/h nunha vía limitada a 30 km/l, o que supón para o condutor unha sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo no transcurso destes dispositivos detectouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda precintado ao dispor da Administración competente.

Noticias relacionadas