Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 07 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Intento de ocupación dunha casa

Ás 10’50 horas do mércores día 5, a Sala do 092 recibe información sobre unha persoa tentando acceder a unha vivenda da rúa Montirón, polo que se comisionan no lugar varios indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio.

Acudidos de inmediato no lugar, coa urxencia necesaria, os axentes poden observar a presenza dun mozo, de 22 anos de idade, que se atopa na vía pública, retirando os parafusos que aseguran os peches de madeira (contraventanas) que selaban as xanelas, algún dos cales xa fora totalmente retirado.

Unha vez identificado o mozo, preguntado pola súa relación coa vivenda, responde que lle mandaba acceder á mesma unha muller, xa que había un tesouro no seu interior. Tamén informou os axentes de que a muller en cuestión atopábase nas inmediacións, no interior dun vehículo, do cal facilitou a marca.

Os axentes decatáronse enseguida de que, cando chegaron ao lugar, observaron a presenza dunha muller no interior dun turismo da marca facilitada pero, cando se dirixiron ao lugar onde se atopaba inicialmente estacionado xa se ausentou, polo que se iniciaron investigacións para a súa identificación, xa que, a través de testemuñas, conseguiran algún dato máis.

Durante as indagacións iniciais, tamén se puido saber que os peches das xanelas foran instalados polo Servizo de Extinción de Incendios Municipal, xa que o edificio sufrira un incendio facía tempo.

Por todo o relatado instrúense dilixencias para o Xulgado de Garda.

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 1,55 horas do día 7 de outubro, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa López Guntín, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas