Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 05 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, nos que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando as seguintes incidencias:

  • Rolda da Muralla. Detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o condutor presenta signos de conducir con presenza de drogas no organismo, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo DROGOTEST, lanzando un resultado POSITIVO en THC e en AMP, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, inmobilizando o vehículo.
  • Aos poucos instantes outra patrulla dá o alto a outro vehículo na citada Rolda observando que o seu condutor presenta signos tamén de conducir con presenza de drogas no organismo, sendo sometido ás probas regulamentariamente establecidas, lanzando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, inmobilizando o vehículo.
  • Na avenida de Benigno Rivera detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir. O vehículo foi inmobilizado.
  • Na Avenida de Ramón Ferreiro dáse o “alto” a un vehículo observando que o condutor presenta signos de inxerir alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,34 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo formuláronse denuncias ao sorprender a condutores carecendo de Seguro Obrigatorio, ITV caducada, sen facer uso do cinto de seguridade e a outro condutor con perda de vixencia do seu permiso de conducir, que foi intervido para a súa remisión á Xefatura Provincial de Tráfico.

Noticias relacionadas