
Controis de alcoholemia e drogas
O mércores 3 e o xoves 4 de agosto, efectivos do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos pertencentes á Unidade de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS
Na rúa Xosé Fernández detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Na mesma vía detéctase outro condutor que ao ser sometido ás probas de alcoholemia arroxa un resultado POSITIVO de 0,32 mg/l, sendo proposto para sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Rolda das Fontiñas. Realízanse varias probas de alcoholemia e drogas, detectando un condutor que arroxa resultado POSITIVO de 0,37 mg/l, proposto para sanción de 500 euros e a detracción de 4 puntos, inmobilizando o vehículo.
En avenida de Magoi detéctase un condutor que presenta signos de embriaguez, arroxando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l, sendo sancionado con 500 euros e a retirada de 4 puntos, inmobilizando o vehículo.
Na Rolda de Fingoi dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Na rúa Pintor Corredoira é sometido un condutor ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, sendo sancionado tamén con 500 euros e a retirada de 4 puntos, inmobilizando o vehículo.
Na rúa Montero Ríos detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor, ao ser sometido ás probas de alcoholemia, arroxa un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, sendo sancionado con 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
CONTROL DE DROGAS
Na rúa Xosé Fernández practícase proba de drogas a un condutor con resultado POSITIVO en THC e ANFETAMINAS.
No polígono de O Ceao dáse o alto a un vehículo cuxo condutor mostra signos compatibles coa inxesta de estupefacientes, arroxando un resultado POSITIVO en THC e AMP.
Na avenida de Magoi intervense a un condutor que presenta signos de consumir sustancias estupefacientes, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA.
Na rúa Lamas de Prado realízase proba de drogas a un condutor que arroxa un resultado POSITIVO en COCAÍNA.
En todos estes casos abriuse expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
No transcurso destes controis detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións GRAVES á normativa de Seguridade Viaria:
- 9 vehículos cuxos titulares non os presentaron á ITV no prazo debido.
- 2 vehículos con ITV desfavorable.
- 3 vehículos que circulaban carecendo de SOA.
- 1 condutor denunciado por non utilizar o cinto de seguridade.
- 2 condutores denunciados por circular co permiso caducado.
- 3 condutores denunciados por circular co permiso de conducir non susceptible de troco.
- 2 condutores de patinetes eléctricos (VMP) denunciados por circular por zona peonil.