Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 04 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Presunto delito de violencia de xénero

Ás 20:40 horas do martes, día 2 de maio, a Sala do 092 recibiu o requirimento telefónico dunha muller sobre unha rifa de parella, polo que se comisionou no lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio.

Os axentes acudiron de inmediato ao domicilio e foron recibidos no portal por un home, que se identificou como parella da requirente e manifestou que a empuxou, xa que ela agarrouno polo pescozo, observando os policías que presentaba arañazos que parecían recentes.

Ao entrevistarse reservadamente coa muller, que se atopa acompañada do seu tres fillos, de 7 anos, 5 anos e 5 meses, e que presenta un estado de alteración notable, manifesta que discutiran e o seu marido déralle un empuxón e ela refuxiouse noutra habitación, na cal continuou a discusión e onde el a suxeitou polo pescozo, todo iso presenciado polos fillos, o maior dos cales, de forma espontánea avala o testemuño da nai.

A muller non desexa asistencia médica nese momento e manifesta que formalizará denuncia durante o día seguinte, en canto deixe aos nenos no colexio. Os axentes proceden á detención do home, ao cal tamén lle ofrecen asistencia médica, sendo trasladado a dependencias policiais para a tramitación das correspondentes dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero.

Noticias relacionadas