Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 04 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 3,45 horas do día 4 de xaneiro/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un turismo non respecta o sinal de STOP, na confluencia das calles Conde con Río Eo.

Os axentes, para tratar de identificar á condutora, danlle o “alto”, pero lonxe de deterse continúa circulando invadindo completamente o carril de circulación en sentido contrario, virando cara a rúa Sierra de Ancares onde derruba uns taboleiros de protección da terraza dun local de hostalería, continuando a súa marcha e sendo interceptada na rúa Fraga.

Postos ao fala coa condutora, de 53 anos de idade, obsérvase que presenta signos de acharse  embriagada, sendo sometida ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/ l (máis do triplo da taxa máxima permitida), sendo trasladada á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando inmobilizado o vehículo.

A condutora enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito de conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Ruídos en interior de vivendas

  • Sobre as 23,00 do día 2 de xaneiro/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Avenida da Coruña xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda.

Os axentes comproban que se escoita música en ton moi elevado, procedendo á identificación do responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

  • Sobre as 00,50 horas do día 4 de xaneiro/22 unha patrulla desprázase a unha vivenda da Avenida Paulo Fabio Máximo  xa que os veciños denuncian ruídos que perturban o seu descanso.

Os axentes comproban que desde a rúa xa se escoita música a moito volume, voces, cánticos e palmas, polo que proceden á identificación do responsable, manifestando que están a celebrar unha festa de nadal, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai de inmediato, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Auxilio a un cidadán

Sobre as 23,10 horas do día 3 de xaneiro/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno acode á rúa Tino Grandío onde un home de 55 anos áchase tirado na beirarrúa con signos de embriaguez, sendo auxiliado e atendido por persoal do 061 e trasladado nunha ambulancia ao HULA, sendo acompañado por un dos axentes no seu interior para garantir a seguridade do persoal sanitario e da propia persoa xa que a súa actitude era moi agresiva.

Noticias relacionadas