COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 29 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia e drogas

Con motivo das festas de nadal e o incremento de circulación de vehículos polas vías do centro urbano, a Policía Local de Lugo puxo en marcha unha campaña para o control da taxa de alcol e presenza de drogas en condutores, que levará a cabo ata o domingo 7 de xaneiro de 2024, por iso estableceranse filtros de seguridade viaria a calquera hora e en calquera vía, especialmente naquelas nas que se detecta un incremento dos accidentes de circulación, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, así como un radar móbil para o control da velocidade.

A pasada madrugada, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, realizaron diversos controis de alcoholemia e drogas, co seguinte balance:

Na Rúa Doutor Gasalla un condutor que presenta signos de embriaguez é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,61 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Na ronda das Fontiñas, un vehículo detido nun control estático foi sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,59 mg/l.

A estes dous condutores abríndoselles expedientes sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Na Rúa Montero Ríos, un vehículo detido e sometido o seu condutor a unha proba de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,34 mg/l.

Na Rolda Fontiñas, outro condutor foi sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,45 mg/l.

Ambos os condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Un dos condutores requiridos para someterse ás probas de alcoholemia, alegou que por causa dunha enfermidade non era capaz de soprar no etilómetro, polo que foi conducido a un centro médico onde lle forneceron medicación para poder realizar a proba de alcoholemia, sendo sometido finalmente e lanzando resultado positivo.

Na rolda Fontiñas practícase proba de drogas a un condutor que lanza resultado positivo en THC, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo no transcurso destes controis detectáronse e denunciado as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:

  • 4 condutores denunciados por non someter o vehículo a ITV no prazo debido.
  • 2 condutores denunciados por circular carecendo de SOA.
  • 1 condutor denunciado por conducir sen solicitar troco do seu permiso.

Axuda humanitaria

No día de onte, efectivos da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en diversos casos de auxilio a cidadáns.

O primeiro nun edificio da avenida de Madrid, onde unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio, non sendo capaz de levantalo un familiar, procedendo os policías para auxilialo, incorporándoo e levalo ata o dormitorio, sen necesidade de asistencia médica, manifestando que tropezara, quedando ao cargo da familia.

O segundo na rúa Río Narla, onde unha persoa que se despraza en cadeira de rodas non podía moverse, posiblemente por un fallo na cadeira eléctrica, procedendo ao auxilio desta persoa, requirindo a presenza dunha dotación de Cruz Vermella, que mediante un vehículo adaptado, proceden a trasladar a esta persoa ata o seu domicilio, finalizando sen outra novidade.

O terceiro na Ronda das Fontiñas, para auxiliar a unha persoa que se caeu accidentalmente na beirarrúa, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA xa que se queixaba dunha dor na boneca.

 

Noticias relacionadas