Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 27 ao 29 de novembro/20

Luns, 30 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

 - Na madrugada do venres día 27 de novembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta a circulación dun vehículo pola Avenida Breogán sen ningún tipo de iluminación.

Con intención de identificar o seu condutor, dáselle o “alto” observando os axentes como a persoa que conduce o vehículo presenta signos de embriaguez, sendo a súa fala  pastosa, ollos brillantes e despide un forte cheiro a alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l. (triplicando a taxa regulamentariamente establecida).

Por tal motivo foi trasladado a dependencias da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo onde se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na súa modalidade de Xuízo Rápido.

- Sobre as 18,40 horas do sábado día 28, un patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Camiño Real, polo que ao darlle o “alto” e poñerse ao fala co condutor obsérvase que presenta signos de embriaguez polo que é presentado na Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo onde se practican as probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,98 mg/l (cuatriplicaba a taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, sendo retirado o vehículo ao Depósito Municipal onde queda inmobilizado.

 - Sobre as 1,50 horas do luns día 30 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, nun filtro de seguridade viaria establecido na zona norte da cidade, detecta un condutor con signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Todos estes condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano.

Día 27.-

  • 8,00 horas. Accidente de circulación por alcance en rúa Agricultura. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 10,15 horas. Accidente de circulación por xiro indebido en Marqués de Ombreiro. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 10,20 horas. Accidente de circulación por saída de estacionamento en rúa Dinán. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 11,52. accidente de circulación por atropelo en Avenida da Coruña. O condutor do vehículo non viu ao peón por “cegamento solar”. O peón foi evacuado a un centro hospitalario, aínda que non presenta feridas de gravidade.
  • 22,20 horas. Accidente de circulación con ferido en Avenida da Coruña con Flor de  Malva por non ceder o paso en  glorita. Dous vehículos implicados (turismo e ciclomotor). O condutor do ciclomotor foi atendido no lugar do accidente por unha ambulancia do 061 e trasladado posteriormente ao  HULA.

Control normas COVID-19

Nos diferentes dispositivos establecidos para comprobar o cumprimento das medidas establecidas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia con ocasión da crise sanitaria orixinada pola COVID-19, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron 17 actas de infracción, das cales:

  • 3 por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, ao acharse na vía pública en compañía doutras persoas non conviventes, sen manter a distancia de seguridade interpersoal. Estas sancións levan aparelladas multas de 601 a 30.000 euros.
  • 4 por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao sorprender a persoas que transitan pola vía pública sen facer uso da máscara de protección obrigatoria. Dous destas persoas achábanse diante da Praza de Abastos coa máscara baixada, tendo que ser advertidas varias veces polos axentes para que se colocasen a máscara correctamente. Lémbrase desde a Policía Local que a máscara deberá cubrir desde a parte do tabique nasal ata o queixo, incluída.
  • 10  actas por incumprimento de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos sen ser conviventes. Sete destas persoas participaban nun botellón na zona do Carmen coñecida como Regueiro dos Hortos ás 22,40 horas e tres nun botellón, consumindo bebidas alcohólicas na  rúa Quiroga.

Benestar animal

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron actas de denuncia por infracción á Lei de Tenencia de animais Potencialmente Perigosos, ao detectar no Parque da Milagrosa o propietario de dous cans, un de raza PITBULL e o outro de cruzamento, coas seguintes infraccións:

  • - can potencialmente perigoso:
  • Carecer de licenza.
  • Non inscribir o animal no rexistro municipal de cans potencialmente perigosos.
  • - can de cruzamento:
  • Carecer de todo tipo de documentación.

Axuda humanitaria

- Sobre as 6,50 horas do día 27 de novembro/20 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da  rúa Monforte xa que unha persoa non pode levantar á súa nai do chan.

Os axentes comproban que se trata dunha persoa de 99 anos que caera da cama e que o familiar que a atende non podía levantala, procedendo os axentes para levantala do chan, levándoa á cama onde queda ao coidado da familia, sen que se necesitase atención médica.

- Sobre as 20,00 horas do día 27 de novembro/20 efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio son comisionados pola Sala do 092 para que acudan á rúa Marina Española con rúa Galicia xa que unha muller entrara a un local gritando e que fora molestando ás persoas que camiñaban pola beirarrúa.

Os axentes desprázanse de inmediato a lugar localizando á muller, de 34 anos de idade e veciña desta cidade, en estado de nerviosismo, proferindo frases aos axentes totalmente incoherentes e mesmo facendo xestos de autolesionarse, polo que a tranquilizan e auxilian, solicitando a presenza dunha ambulancia, sendo trasladada ao HULA, acompañada en todo momento por un policía que se desprazou dentro da ambulancia para garantir a seguridade da muller e do equipo facultativo, sendo ingresada para a súa valoración e atención médica.

Ruídos en interior de vivendas

Sobre as 1,55 horas do 29 de novembro/20 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázase a unha vivenda da Ronda das Fontiñas xa que segundo denuncian os veciños estaban a producirse ruídos que imposibilitaban o descanso.

Os axentes escoitan ruídos molestos de conversacións de persoas e música en ton alto, sendo identificado o responsable ao que se lle require para que cesamento nestas molestias, o que fai ao instante.

Noticias relacionadas