Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 30 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas COVID-19

No día de onte 29 de outubro/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo sorprenderon a unha muller que transitaba pola vía pública sen facer uso da máscara, alegando aos axentes en primeiro momento que a levaba no bolso para posteriormente dicir que a perdera.

Foi denunciada por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

No momento da intervención con esta persoa achégase un home que increpa aos axentes por denunciar á muller, polo que é identificado e proposto para sanción por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá con multa de ata 600 euros.

Durante a madrugada detectouse, ás 23,50 horas, un home que transitaba pola vía pública incumprindo a limitación de circulación establecida polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o Estado de Alarma, sen que xustificase ningunha causa que lle permitise a circulación, manifestando aos axentes cando foi preguntado pola presenza en vía pública que “non vos importa”.

Foi denunciado por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá con multa de 601 a 30.000 euros.

Auxilio a cidadán

Sobre as 17,30 horas do día 29 de outubro/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, foi comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase ao Cemiterio de San Froilán xa que unha muller sufrira un contratempo.

Os axentes comproban que se trata dunha muller de 77 anos que caera ao chan ao tropezar cunha parte do tronco dunha árbore que queda unido á raíz despois de cortalo, sendo auxiliada, non presentando lesións visibles e rexeitando asistencia médica.

Para previr máis caídas o tronco da árbore foi tapado por operarios do cemiterio.

Noticias relacionadas