Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 18 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por atentado a axentes da autoridade

Sobre as 4:00 horas do día 18 de maio, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo achábase intervindo cun condutor ebrio na rúa Mariña Española, un mozo sae dun local de lecer nocturno e achégase aos axentes en actitude desafiante e en ton despectivo profire diversos insultos, polo que se procede á súa identificación ao que se nega reiteradamente, sendo trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación, encarándose cos policías, empuxándoos e braceando, momento no que agride no peito a un deles, momento no que se procede á súa inmovilización e detención por un presunto delito de atentado a axentes da autoridade, sendo trasladado inicialmente a un centro médico para ser recoñecido e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Controis de alcoholemia e drogas

Na madrugada do día 18 de maio, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co seguinte balance:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

- Nun control establecido na avenida da República Arxentina dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,79 mg/l., instruíndose dilixencia por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS

- Marqués de Ombreiro. Condutor detectado con signos de embriaguez, é sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

- República Arxentina. Na devandita vía, nun dispositivo estático de control detectáronse CATRO condutores con taxas de alcol superiores ás establecidas:

** 0,51 mg/l

** 0,49 mg/l

** 0,37 mg/l

** 0,35 mg/l

- Rúa Galicia. Detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,34 mg/l.

DROGAS

- No polígono de As Gándaras dáse o alto a un condutor que presenta signos de presenza de drogas no organismo, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo drogotest, arroxando un resultado POSITIVO en THC.

- En Marqués de Ombreiro realízase proba de drogas a outro condutor que tamén arroxa un resultado POSITIVO en THC.

Ambos os condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

 

Noticias relacionadas