Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 25 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Presunto furto dunha bicicleta

Sobre as 13:50 horas do día 24 de novembro de 2020 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa San Roque xa que ao parecer estase producindo unha liorta.

Os axentes ao chegar ao lugar observan a dous mozos xunto a un home, manifestando este que momentos antes observou a tres mozos saír do portal dun edificio da devandita rúa portando unha bicicleta, sospeitando que os mesmos a houberan subtraído, xa que en datas pasadas denunciara o roubo dunha bicicleta súa.

Que ao tratar de pescudar se é a súa bicicleta, os mozos botan a correr, podendo interceptar a dous deles, fuxindo o terceiro. Que os axentes identifican a ambos comprobando que son menores de idade, portando unha bicicleta, manifestando que lla prestou un amigo do que descoñece nome, domicilio ou calquera outro dato de identificación, polo que ao sospeitar que se trata dun roubo, procédese ao traslado dun dos menores a dependencias policiais para a súa identificación, facéndose cargo do outro menor a súa nai, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda por un presunto delito de furto.

Control normas COVID-19

Nos dispositivos establecidos no día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron DÚAS actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá ao sorprender a dúas persoas que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, xa que entraban no municipio procedente dunha localidade da provincia da Coruña, non atopándose en ningunha das causas de excepción dos desprazamentos xustificados, levando aparelladas multas de 601 a 30.000 euros.

Así mesmo foi denunciado un home, por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao atoparse fumando á entrada do HULA, sen manter a distancia de seguridade interpersoal.

Noticias relacionadas