Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 20 ao 22 de novembro de 2020

Luns, 23 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control normas COVID-19

Continuando cos dispositivos establecidos pola Policía Local de Lugo para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantaron 11 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá ao detectar a sete persoas que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, levando aparelladas multas de 601 a 30.000 euros, e 2 actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, por non facer uso da máscara de protección.

Así mesmo volveuse a levantar acta de infracción nun local da rúa Concello, denunciado recentemente, por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao detectar unha concentración dunhas seis persoas non conviventes consumindo bebidas á entrada do establecemento, observando os axentes botellas de cervexa e copas de viño, sendo denunciada tamén unha persoa que estaba á entrada do establecemento por non facer uso da máscara de protección.

Por outra banda, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, interveñen, ás 0:50 horas do día 23 de novembro, nunha vivenda da rúa Perpetuo Socorro, onde se detecta a celebración dun aniversario no que hai cinco persoas non conviventes, polo que se levanta acta de infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Desde a Policía Local lémbrase a todos os cidadáns que, no municipio de Lugo, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, queda limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes. A infracción por estes incumprimentos leva aparellada multas de 601 a 30.000 euros.

Filtros de Seguridade Viaria

No transcurso dos filtros de seguridade levados a cabo no centro urbano por parte de efectivos da Policía Local de Lugo, detectáronse CINCO vehículos que circulaban carecendo de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, abríndose expediente sancionador a cada un deles, levando multa de 1.500 euros e a retirada do vehículo ao Depósito Municipal.

Dous deles resultou que portaban placas de matrícula estranxeiras e un cos números e letras da matrícula pintados con rotulador permanente na placa.

Así mesmo realizáronse probas de alcoholemia a dous condutores. O primeiro sorprendido na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, o cal arroxou un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l e o segundo na rúa Milagrosa, tamén con resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, polo que se inicia expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir para ambos condutores.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas