Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 22 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

Efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo interviñeron, sobre as 14,00 horas do día 21 de outubro de 2020, nun accidente de circulación ocorrido na Avenida de  As Américas con Fonte dos Ranchos, no que se viron implicados tres vehículos, resultando todos eles con danos materiais.

Ao condutor presunto responsable do accidente, que presentaba signos de embriaguez, foi sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/ l, triplicando a taxa máxima permitida, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

*****************************

Sobre as 1,00 horas do día 22 de outubro de 2020, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na rúa Otero Pedrayo, a un condutor que presenta permiso de condución brasileiro caducado, figurándolle na base de datos da DXT anotación de “denegatoria de troco”, presentando ademais signos de conducir en estado embriaguez , polo que é presentado ante o equipo de Atestados do Corpo, onde se lle somete ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/ l ( máis do triplo da taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo e intervindo o permiso de conducir que portaba para a súa remisión á Xefatura Provincial de Tráfico.

Noticias relacionadas