Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 19 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control de Transportes

Dentro do marco do Plan Autonómico de Coordinación Operativa de Seguridade viaria para impulsar as relacións operativas entre as Policías Locais e o Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, na mañá do día 18 de febreiro/21, estableceuse un control de transportes nas inmediacións do polígono industrial do Ceao, participando no dispositivo efectivos da Policía Local de Lugo, do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, con dous especialistas en Transportes, e un equipo de Inspectores do Servizo de Movilidad da Xunta de Galicia, co fin de proceder ao control da pesada de vehículos de transporte de mercadorías.

O resultado do devandito control foi:

  • 198 vehículos controlados.
  • 49 vehículos que foron pesados.
  • 7 vehículos denunciados por exceso de peso por infracción á Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres.

O feito de atoparse a hostalería pechada, motivou que un importante número de vehículos circulen con pouca mercadoría, do mesmo xeito que os que circulan máis cargados non superan a Masa Máxima Autorizada (MMA), incluído a marxe de erro do que dispoñen, o cal é dun 2,5% sobre o seu  MMA en vehículos de máis de 12 toneladas e dun 5% ata 12 toneladas.

Con ocasión deste dispositivo a Policía Local de Lugo levantou SEIS actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada, propoñéndose sanción de 500 euros a cada persoa denunciada.

Intervención da Unidade de Atestados en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano o día 18 de febreiro/21

  • 12,10 horas. Accidente de circulación en Rolda dás Mercedes intersección con Paseo dos Estudantes. Un vehículo non se detén ante o sinal de STOP e impacta contra outro vehículo e este á súa vez contra outro. Resultado de danos materiais.
  • 12,15 horas. Atropelo na Avenida de Ramón Ferreiro. Condutor dun turismo que circula dirección centro da cidade, levanta uns segundos a vista da calzada e cando volve prestar atención á vía alcanza co seu parte frontal dereita a unha persoa que cruza polo paso de peóns. Practícanse probas de detección alcohólica ao condutor con resultado NEGATIVO. O peón foi trasladado por unha  UVI móbil ao  HULA con prognóstico grave.
  • 16,25 horas. Accidentes de circulación na Rolda Valle Inclán no que se achan implicados unha motocicleta e dous turismos, resultando con feridas de gravidade o condutor da motocicleta, sendo trasladado por unha ambulancia ao  HULA. Por parte do equipo de Atestados compróbase que o condutor da motocicleta CARECE de permiso de condución vixente e dada as lesións que presenta e non ser posible a realización das correspondentes probas de alcoholemia e drogas, solicítase ao Xulgado de Garda mandamento para a realización de probas analíticas de mostras de sangue extraídas con fins terapéuticos. Instrúense dilixencias por presunto delito contra a seguridade viaria.

Noticias relacionadas