Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 18 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por violencia de xénero

Sobre as 19,00 horas do día 15 de xaneiro/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un inmoble da Avenida da Coruña xa que unha muller chorando está a pedir auxilio “que non a deixaban saír” e un home con forza introdúcea dentro dunha vivenda.

De forma inmediata os axentes acoden ao lugar e unha vez postos ao fala coa muller maniféstalles, chorando, que o seu ex marido, co que non convive, ameazáraa e  coaccionado e que é habitual que a maltrate psicoloxicamente e a  coaccione, estando presente o seu fillo menor e a súa nai.

Que ante estas manifestacións os axentes proceden á detención do home, de 52 anos, e o seu posterior traslado a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero para a súa remisión ao Xulgado competente.

Policías pertencentes á Unidade de Atención á Familia e a Muller do  CNP, procederon a identificar a testemuña e ao traslado e asistencia da  victima a dependencias policiais para presentar denuncia.

Control normas COVID-19

Durante a fin de semana do 16 e 17 de xaneiro/21, se han establecidos dispositivos estáticos e itinerantes, coa utilización de vehículos policiais  rotulados e camuflados, para o control do cumprimento da normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención ocasionadas polo COVID-19, levantándose NOVE actas de denuncia polas seguintes infraccións:

  • 4 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por entrar no termo municipal de Lugo, sen causa xustificada. Propostas de Sanción de 500 euros.
  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao encargado dun local de hostalería por acharse no interior do establecemento sen facer uso da máscara de protección. Proposto para sanción de 100 euros.
  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar, ás 19,05 horas, un local de hostalería, situado na  rúa  do  Concello, aberto ao público con persoas no interior consumindo, cando o horario de peche da hostalería é ás 18,00 horas. Proponse para sanción de 500 euros.
  • 2 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por fumar en vía pública sen manter a distancia de seguridade interpersoal. Proponse para sanción de 500 euros.
  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por transitar por vía pública sen facer uso da máscara de protección. Proponse para sanción de 100 euros.

Ruídos en interior de vivendas

Durante a noite do 16 ao 17 de xaneiro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en CATRO vivendas como consecuencia de ruídos molestos provocados por actividade humana e música en ton alto.

  • A primeira intervención prodúcese ás 23,25 horas cando unha patrulla é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da  rúa  Montirón xa que segundo os veciños escóitase música en ton alto que provén dunha vivenda.

            Os axentes comproban que se escoitan voces e música en ton elevado polo que identifican á responsable, requiríndolle para que cesen as molestias, levantándose acta de infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

  • A segunda realízase nun inmoble da Ronda de Fingoi, sobre as 1,00 horas, xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda que lles imposibilita o descanso.

            Os axentes identifican á moradora da vivenda, informándolle das molestias que causa, cesando ao momento.

  • A terceira intervención prodúcese ás 1,05 horas nun edificio da Ronda do Carmen, cando a patrulla é comisionada pola Sala do 092 xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dun domicilio.

            Os axentes identifican á titular, facéndolle ver as molestias que produce, manifestando que está en compañía dunhas amigas, ignorando que causaba molestia algunha, cesando ao instante.

  • A cuarta prodúcese nun edificio da rúa Marina Española onde a  parulla acode por denuncias dos veciños sobre ruídos que proveñen dunha vivenda, comprobando os axentes que as xanelas do domicilio estaban abertas e escoitábase música en ton alto, identificando o responsable ao que se requiriu para que cesasen as molestias, o que fixo ao instante.

Filtros de seguridade viaria

Na tarde do día 17 de xaneiro/21, establecéronse diferentes  filtros de seguridade viaria no centro urbano, detectándose ás 20,30 horas a circulación dun vehículo pola Avenida das Américas cuxo condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas