COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Xoves, 18 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Discusión familiar

Ás 4:50 horas da noite de mércores a xoves, recíbese un requirimento na Sala do 092 sobre unha forte discusión nun inmoble da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, motivo polo cal se comisionan no lugar varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno.

Os axentes que contactan son recibidos por unha das moradoras do inmoble, que manifesta que efectivamente discutiran porque ao seu fillo faltábanlle pastillas do seu tratamento, pero que agora todo se atopaba en orde.

Despois de entrar en contacto directo cos catro moradores do piso, os cales confirmaron a versión inicial e non presentaban signo externo algún de violencia física, os policías abandonaron o lugar.

Accidente de circulación e alcoholemia

Ás 7:20 horas do xoves, os axentes da Unidade de Atestados, apoiados por unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, acoden a un aviso de accidente na rúa Galicia. Unha vez no lugar, comproban que non hai ningunha persoa lesionada e que se trata dun vehículo que fixo caso omiso á sinalización de ‘ceda o paso’ que lle afectaba. Ao observar que o condutor presuntamente responsable presentaba signos externos de consumir bebidas alcohólicas, sométeno ás probas preceptivas de alcoholemia, nas que lanza resultado positivo de 0.40 e 0.41 mg/l, motivo polo cal é denunciado administrativamente, quedando o vehículo inmobilizado no lugar.

Incendio nunha árbore

Ás 16:00 horas, unha patrulla de Policía de Barrio acode á Carballeira de Fingoi, xa que, segundo información telefónica recibida na Sala do 092, había unha árbore ardendo. Unha vez no lugar, os axentes comproban a veracidade da chamada, constatando que a árbore presentaba chamas nun oco interior do tronco, as cales foron sufocadas polos efectivos do Servizo de Extinción de Incendios que foi solicitado.

Precinto de vehículos

Durante a tarde do mércores, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, procederon ao depósito e precinto de dous vehículos, un dos cales fora requirido por un xulgado de Vilalba e o outro pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

 

Noticias relacionadas