Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 16 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Menores no interior das “torres do  Garañón”

Sobre as 21,30 horas do día 12 de xullo/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a presenza de persoas no interior dunha das torres do  Garañón.

Os axentes acceden ao interior e localizan na cuarta planta do edificio en construción a tres menores de idade (15 anos) que se introduciron na obra para “esculcar”.

Unha vez identificados, os axentes contactan cos seus pais indicándolles un punto de reunión para facerse cargo dos seus fillos, sendo informados destes feitos.

Auxilio a cidadáns

Ás 8,30 horas do día 13 de xullo/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da  rúa  Camiño Verde xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade atópase tirada no corredor e non pode levantarse.

Os axentes, despois de abrir a porta de entrada, localizan á devandita persoa no lugar indicado, sendo auxiliado por unha dotación do 061 e trasladada nunha ambulancia ao  HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas