Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 15 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade

Durante esta fin de semana, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo e a Unidade de Atestados deste Corpo estableceron diferentes filtros de seguridade nas rúas do centro urbano, para a vixilancia do tráfico e o control do cumprimento das medidas establecidas pola Xunta de Galicia como consecuencia da crise ocasionada polo COVID-19, realizándose as seguintes actuacións:

Infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 10 actas de denuncia por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada. Propostas de Sanción de 500 euros.
  • 11 actas de denuncia por incumprir as normas de limitación de grupos, ao detectar non conviventes. Propostas de sanción de 500 euros.
  • 6 actas de denuncia por transitar por vía pública entre as 22:00 e as 6:00 horas sen causa xustificada. Proponse para sanción de 500 euros.
  • 3 actas de denuncia por non usar a máscara de protección en vía pública. Proponse para sanción de 100 euros.

Total actas de denuncia por infracción Lei de Saúde de Galicia: 30

  • 3 denuncias por infracción ao Regulamento de Vehículos por circular coa ITV caducada. Propostas de sanción de 200 euros.
  • 1 denuncia por infracción ao Regulamento de Condutores por conducir un vehículo carecendo de permiso de condución. O vehículo foi inmobilizado. Proposta de sanción de 500 euros.

Accidente de circulación con probas de alcoholemia

Sobre as 18:35 horas do día 13 de febreiro, o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Concepción Arenal xa que se produciu un accidente de circulación na intersección coa rúa Mondoñedo, no que están implicados dous vehículos.

Os axentes instrúen dilixencias, sometendo aos condutores ás probas de detección alcohólica, lanzando un deles resultado POSITIVO de 0,44 mg/l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Ruídos en interior de vivenda

Sobre as 1:15 horas do día 13 de febreiro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionado pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio do Sagrado Corazón, xa que os veciños denuncian unha festa no interior dunha vivenda que lles imposibilita o descanso.

Os axentes comproban que se escoita volume elevado de aparello de televisión e voces en ton alto, identificando ao responsable ao que se lle require para que cesen as molestias, o que inicialmente fai. Posteriormente vólvese recibir na Sala do 092 novas denuncias da mesma vivenda por ruídos molestos, polo que novamente os axentes acoden ao lugar, identificando a todos os que se achaban no interior da mesma, comprobando que tres dos asistentes non eran conviventes polo que se levanta acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, propoñéndose sanción de 500 euros a cada un deles.

Así mesmo levántase acta por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental polos ruídos e molestias causadas.

Delito contra a seguridade viaria

Ás 00:20 horas do día 13 de febreiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que circula pola rúa Flor de Malva cara Lavandeira observa como un turismo, que procede desta última, faino ocupando o carril contrario por onde circulaba en vehículo policial, con evidente risco de colisión. Os axentes danlle o “alto” e comproban que o condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 1,02 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

O condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a doce meses ou á de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos. O condutor tamén foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por incumprimento do toque de queda, propoñéndose sanción de 500 euros.

Noticias relacionadas