Control normas COVID
Durante a madrugada do 14 ao 15 de xaneiro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron dispositivos para o control do cumprimento da normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, levantándose 14 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por incumprimento do “toque de queda”, establecido entre as 23,00 e as 6,00 horas, sen causa xustificada
As persoas denunciadas foron sorprendidas transitando polas seguintes rúas: Río Eo, Ronda Fontiñas, Camiño Real, Islas Cies, Rúa Nova e Otero Pedrayo., propoñéndose todas elas para sanción de 601 a 30.000 euros.
Inspección local de hostalería
Sobre as 20,30 horas do día 14 de xaneiro/21, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon á inspección dun local de hostalería situado na rúa Catedral, levantándose 8 actas de denuncia polas seguintes infraccións:
- 5 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por facer uso compartido de dispositivos de inhalación de tabaco (cachimbas).
- 1 acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos por ter en funcionamento o equipo de reprodución musical sen autorización.
- 1 acta de denuncia por non presentar título habilitante do establecemento.
- 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por superar o aforo no seu interior. No interior achábanse 26 persoas cando o aforo do local é de 33 persoas, estando limitado ao 50%.
Filtros de seguridade viaria
Durante a madrugada do 14 ao 15 de xaneiro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes “filtros de seguridade viaria” no centro urbano, detectando ás 00,16 horas un vehículo que circulaba por rúa das Artes de forma irregular, sendo sometido o seu condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/ l, abrindo expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducción.
Ás 2,10 horas dase o alto a un vehículo na Avenida da Coruña, observando que o conductor presenta signos de embriaguez, sendo sometido no mesmo lugar a unha proba de detección alcohólica cun etilómetro evidencial, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/ l.
Ao ser presentado na Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo para realizar as probas de alcoholemia nun etilómetro de precisión, o condutor NÉGASE polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, pola modalidade de Xuízo Rápido.
Hai que lembrar que o vixente Código penal castiga con penas de prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, ao condutor que, requirido por un axente da autoridade, nega a someterse ás probas legalmente establecidas para a comprobación das taxas de alcoholemia e a presenza de drogas.
Atropelo con alcoholemia
Ás 23,30 horas do día 14 de xaneiro/21 o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúa Santiago, nas proximidades de Ronda República Arxentina, xa que ao parecer produciuse un atropelo.
Os axentes son informados por unha testemuña, que un vehículo atropelara a un peón e aos cans que o acompañaban cando cruzaba por un paso de peóns, ausentándose do lugar o vehículo sen deterse.
Aos poucos minutos preséntase unha persoa que di ser o condutor do vehículo e responsable do atropelo, pero os axentes non dan veracidade a esta manifestación e pescudan que o condutor que se fuxiu é o seu fillo, localizándoo e comprobando que presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/ l.
O peón foi evacuado por unha ambulancia do 061 ao HULA e os cans foron trasladados ao Hospital Veterinario Rof Codina onde foron atendidos.
Os axentes instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria para o Xulgado de Garda.
Ruídos en interior de vivendas particulares
Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron, na noite do 14 ao 15 de xaneiro/21, en DOUS domicilios con ocasión de ruídos molestos.
A primeira intervención prodúcese sobre as 0,40 horas cando unha patrulla policial é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio do Sagrado Corazón xa que segundo os veciños escóitase moito ruído que provén dunha vivenda, que imposibilita o descanso.
Os axentes escoitan ruído do aparello de televisión e movementos de cadeiras e outros mobles, polo que identifican ao responsable o cal manifesta que estaba a facer limpeza xeral, requiríndolle para que cesen as molestias, o que fai ao instante.
A segunda intervención prodúcese sobre as 2,10 horas cando unha patrulla é comisionada para que se presente nun edificio da Rampa de Claudio López, debido aos ruídos molestos que proveñen dunha vivenda.
Os axentes comproban que se escoita actividade humana en ton alto, identificando ao responsable, que manifestou que se atopaba nunha reunión de catro amigos, requiríndoo para que cesen as molestas, facéndoo ao instante.