COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 10 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 10 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando ás 1:30 horas a circulación irregular dun patinete eléctrico pola rúa San Marcos, xa que o condutor, un mozo menor de idade, circulaba manipulando coa súa man o teléfono móbil.

Unha vez interceptado compróbase que o patinete non presenta ningún número de serie, dando a impresión que a construción do devandito vehículo de mobilidade persoal fíxose de pezas de dous vehículos distintos, manifestando o condutor que llo comprou a un amigo que descoñece onde o adquiría e que o trouxo de Romanía.

Ao estar indocumentado, o condutor foi trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación, informando de todo iso á súa nai que compareceu en dependencias policiais para acompañar ao menor nesta dilixencia.

Debido á falta de identificación do vehículo, este foi trasladado á Xefatura da Policía Local onde queda inmobilizado, formulándose denuncia ao condutor polas infraccións detectadas.

Ás 1:00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Curros Enríquez, observando que o condutor presenta signos de consumir drogas, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo de drogotest, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e ANFETAMINAS, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ás 3:45 horas outra patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo por Camiño Verde, observando que o condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebida alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 1,12 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Ás 4:30 horas unha patrulla de Policía Local dá o alto, nun filtro de seguridade viaria establecido na rúa da Saúde, a un vehículo cuxo condutor ao ser sometido ás probas de detección alcohólica, lanzou un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Auxilio humanitario

Ás 23:25 horas do día 9 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Rei Chiquito xa que unha persoa estaba tirada no chan, observando os axentes que se trata dun home de 70 anos que sangraba pola queixada por mor dunha caída fortuíta e que presentaba signos de embriaguez, sendo auxiliado polos axentes e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 na que foi trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Ás 4:30 horas unha patrulla observa un home tirado fronte á estación de autobuses, comprobando que está baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo auxiliado polos axentes que requiren a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA. 

Noticias relacionadas