Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 12 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Auxilio a cidadáns

Sobre as 8:15 horas do día 11 de xuño, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acoden aos xardíns da rúa Ramón Montenegro onde auxilian a unha muller de 66 anos que estaba sentada nun banco, tremendo de frío e totalmente desorientada, manifestando aos axentes que era dunha localidade de Asturias e que non se acordaba como chegara á cidade de Lugo.

Os axentes cóbrena cunha peza para tratar de darlle calor, solicitando unha ambulancia do 061, sendo trasladada ao HULA para a súa debida atención médica. Realizadas investigacións, non consta denuncia por desaparición, continuándose con xestións para tratar de localizar aos familiares.

Sobre as 23:30 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo auxilia a un home de 71 anos que, en estado de embriaguez, caera na rúa Camiño Real, producíndose feridas na cabeza. Os axentes practícanlle os primeiros auxilios requirindo unha ambulancia do 061, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Estado de Alarma

Establecéronse dispositivos de seguridade para velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, levantándose unha acta por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá ao sorprender os axentes a un home con residencia na cidade de Córdoba, na Praza de Santo Domingo, sobre as 3:00 horas, sen xustificar o desprazamento da comunidade autónoma de Andalucía á de Galicia e a súa presenza na cidade de Lugo, propoñéndose sanción de 601 a 30.000 euros

Noticias relacionadas