Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 07 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 1,20 horas do día 6 de xaneiro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo son comisionados pola Sala do 092 para que se trasladen a un edificio dunha rúa da cidade, onde unha muller fora ameazada de morte pola súa parella.

A patrulla policial comparece de inmediato no lugar e ponse ao fala coa denunciante, a cal manifesta entre saloucos, nun estado evidente de ansiedade e nerviosismo, que momentos antes tivo unha discusión coa súa actual parella e en momento dado dirixiuse a ela dicíndolle “ou me entregas o móbil ou non saes de aquí”, non sendo a primeira vez que a ameaza, incluso propinándolle tiróns de pelo, tendo moito medo a que cumprise coa súa ameaza.

Que por tal motivo procédese á detención do home, de 39 anos de idade, por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias para a súa remisión ao Xulgado competente.

Control normas COVID (Adxúntanse fotografías)

Durante o día 5 de xaneiro/21 establecéronse diferentes dispositivos policiais para o control do cumprimento das normas emanadas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para facer fronte á crise sanitaria ocasionade pola COVID-19, despregándose un operativo especial no centro histórico onde se levantaron actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por fumar sen manter a distancia de seguridade interpersoal.

Así mesmo detectouse ás 20,00 horas un “botellón” nas costas do Parque de Rosalía de Castro, realizándose varias identificacións de mozos, entre os que había unha menor de 15 anos que estaban a consumir bebidas alcohólicas, informando destes feitos á súa nai, requisando os axentes varias bolsas de botellas de bebidas alcohólicas e refrescantes que eran utilizadas polos mozos.

Ruídos en interior de vivendas

  • Sobre as 00,10 horas do día 6 de xaneiro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Bidueiro xa que segundo os veciños, dunha vivenda proveñen ruídos que lles impiden o descanso.

Os axentes comproban que se escoita cánticos e ruídos en ton moi alto, identificando ao responsable o cal manifesta que hai unha reunión de cinco amigos, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

  • Ás 2,32 horas do mesmo día outra patrulla acode a un edificio da rúa  Dtr. Gasalla xa que segundo chamadas dos veciños, desde unha vivenda provén moito ruído que lles impide durmir.

Os axentes unha vez comprobada a veracidade das denuncias, identifican ao responsable, manifestando que alugara o piso entre catro amigos para pasar a noite e facer unha festa, sendo identificados todos eles, requirindo para que cesen as molestias, facéndoo ao momento e levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas