Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 05 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano o día 4 de maio de 2021

  • 15:00 horas. Danos producidos por un vehículo a outro estacionado na rúa Ulises Romero, inmediacións da entrada principal do HULA, cando un turismo golpea coa bóla do gancho do remolque a outro estacionado.
  • 20:30 horas. Accidente de circulación ocorrido na intersección dan rúa Río Lor e a rúa Portugal, no que están implicados dous vehículos. O accidente prodúcese por non respectar un dos condutores o sinal de STOP alí situado, resultando con danos materiais.
  • 20:55 horas. Accidente de circulación na rúa Leiras Pulpeiro cando un vehículo que trataba de incorporarse á circulación procedente dunha praza de estacionamento, choca contra outro vehículo que circulaba correctamente, rexistrándose danos materiais. O vehículo que se incorporaba á circulación non pasara a ITV no prazo debido, abríndose expediente sancionador ao seu titular con multa de 200 euros.

Control normas COVID-19

Durante a noite do 4 ao 5 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron dispositivos, co emprego de vehículos policiais camuflados, para o control do cumprimento da normativa da Xunta, sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, levantándose 5 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por transitar entre as 23:00 e as 6:00 horas sen causa xustificada.

Así mesmo ás 0:58 horas do día 5 de maio detectouse un vehículo circulando pola rúa Tino Grandío, sendo sometido o seu condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, sendo ademais denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por quebrantar o “toque de queda”.

Noticias relacionadas