Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 02 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Vehículo de autoescola circulando carecendo de SOA

Sobre as 18:00 horas do día 1 de decembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio dá o “alto” a un vehículo dunha autoescola da provincia de Lugo na rúa Paseo dos Estudantes, observando que no interior viaxan unha profesora e tres alumnos, un deles no posto de condución.

Comprobada a documentación do vehículo obsérvase que carece de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA) desde o 4 de setembro de 2020 e que na base de datos policial figura a anotación de dous embargos.

Por tal motivo ábrese expediente sancionador contra o titular do vehículo pola carencia do SOA, con multa de 1.500 euros e procédese á súa retirada polo servizo de guindastre ao depósito municipal onde queda inmobilizado ata que se regularice a súa situación.

Patinetes eléctricos

Cúrsanse denuncias, por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, ao condutor dun patinete eléctrico que foi sorprendido circulando pola Avenida de Ramón Ferriro pola calzada, en sentido contrario, realizando varios zig- zags, nunha clara condución neglixente e transportando ademais unha persoa no patín. Por tales infraccións o condutor enfróntase a unha multa de 300 euros.

Noticias relacionadas