Comezan as clases de Educación Vial organizadas polo Concello de Lugo nos colexios da cidade

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico inician o próximo luns, día 15 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo. Os primeiros centros que se inician con esta materia serán o Divino Maestro e o Colexio de Albeiros.

Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría. Cada grupo de alumnos asistirá a dúas horas de clase teórica de Educación Vial.

Será a partir de xaneiro cando as rapazas e rapaces lucenses asistan as clases prácticas de bicicleta e cart no Parque Infantil de Tráfico situado no parque de Frigsa.