Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan as clases de Educación Vial organizadas polo Concello de Lugo nos colexios da cidade

Comezan as clases de Educación Vial organizadas polo Concello de Lugo nos colexios da cidade

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico inician o próximo luns, día 15 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo. Os primeiros centros que se inician con esta materia serán o Divino Maestro e o Colexio de Albeiros.

Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría. Cada grupo de alumnos asistirá a dúas horas de clase teórica de Educación Vial.

Será a partir de xaneiro cando as rapazas e rapaces lucenses asistan as clases prácticas de bicicleta e cart no Parque Infantil de Tráfico situado no parque de Frigsa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-clases-de-educacion-vial-organizadas-polo-concello-de-lugo-nos-colexios-da-cidade