Comeza a última fase do asfaltado das Gándaras

Rubén Arroxo: "está a piques de rematar unha actuación necesaria para mellorar a calidade de vida da veciñanza, debido ao avanzado estado de deterioro que mostraban estas rúas"

O Tenente Alcalde e o concelleiro de Infraestruturas visitaron os traballos realizados

Venres, 24 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a última fase do asfaltado das Gándaras

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o barrio das Gándaras para comprobar o avance dos traballos de renovación do firme de varios viais. Rubén Arroxo explicou que “estase a executar a última fase desta actuación, que consiste na adaptación das tapas de rexistro á nova altura da estrada”, e engadiu “unha vez rematen estes traballos, renovarase a sinalización horizontal”. Arroxo explicou que “a veciñanza pode desfrutar xa do firme completamente renovado, con accesos e viais completamente renovados que se atopaban nun avanzado estado de deterioro anteriormente”.

O Goberno de Lugo actuou nas rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. Os traballos consistiron na aplicación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación. Ademais, renovarase a sinalización horizontal, que se mellorará nos cruces complicados.

O Tenente Alcalde afirmou que "traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza que utiliza estes viais a diario". Arroxo destacou o traballo da concellería de Infraestruturas, que busca " mellorar as zonas urbanas e periurbanas da cidade e garantir que toda a veciñanza poida desprazarse con seguridade".

Máis info

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre o asfaltado das Gándaras | Descargar mp3

Multimedia

  • Comeza a última fase do asfaltado das Gándaras

Noticias relacionadas