Cohesión Social lembra que aínda hai prazas dispoñibles para viaxar á Feira Medieval de Mondoñedo o 9 de agosto

As inscricións presenciais para algunha das 50 prazas ofertadas pódense realizar no centro de convivencia da Milagrosa, de 09.00 a 13.00 horas, por un custo de 4,12 euros.

A excursión partirá da Praza de Bretaña ás 09.00 e regresará ás 19.30 horas, despois de vivir o día grande do Mercado Medieval, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.

Para a concelleira Olga López Racamonde estas excursións “contribúen á animación sociocultural, impulsando o ocio saudable e a socialización entre os e as participantes”.

Martes, 29 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Social lembra que aínda hai prazas dispoñibles para viaxar á Feira Medieval de Mondoñedo o 9 de agosto

A Concellería de Cohesión Social, que dirixe Olga López Racamonde, fai un chamamento ás e aos lucenses interesados en vivir o día grande do Mercado Medieval de Mondoñedo, que este ano acada a súa edición número 33, para solicitar algunha das prazas aínda dispoñibles para participar nesta viaxe o vindeiro sábado 9 de agosto. As inscricións nalgunha das 50 prazas ofertadas pódense realizar aínda mañá de forma presencial no Centro de Convivencia da Milagrosa, en horario de 09.00 a 13.00 horas, por un custo de 4,12 euros.

A excursión partirá da Praza de Bretaña ás 09.00 da mañá para regresar ao mesmo punto ás 19.30 horas, despois de vivir o día grande do Mercado Medieval, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Para a concelleira Olga López Racamonde estas excursións “contribúen á animación sociocultural, impulsando o ocio saudable e a socialización entre os e as participantes, principal obxectivo deste programa municipal, co que este ano xa se fixeron excursións a Pontedeume, Ourense, Allariz ou Monforte de Lemos”.

Na adxudicación das 50 prazas ofertadas terán prioridade as persoas que non obtiveron praza nalgunha das saídas anteriores, así como aquelas en situación de vulnerabilidade.

Multimedia

  • Cohesión Social lembra que aínda hai prazas dispoñibles para viaxar á Feira Medieval de Mondoñedo o 9 de agosto

Noticias relacionadas