Lara Méndez, Álvaro Santos e José Maria Seijas participaron no acto para sortear a moto, do que resultou gañador José Alberto Lamas
Luns, 09 de xaneiro de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, participaron este luns no acto para sortear unha moto dentro da campaña Súbete á moto de Comercio de Galicia, que se levou a cabo na sede da Federación de Comercio na cidade. O gañador da moto é José Alberto Lamas, que fixo a súa compra en Tobarix. Esta iniciativa, que xurdiu para incentivar as compras durante o Nadal, tivo este ano unha moi boa acollida entre os lucenses.