A avenida Breogán conta con novos sinais luminosos de paso de peóns

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Ángel González Corredoira, vén de colocar na avenida Breogán uns sinais luminosos de ubicación de pasos de peóns.

Trátase dunha nova medida encamiñada á protección do peón á hora de cruzar esta vía. Estes sinais están situados na avenida Breogán esquina rúa da Herba.

Estes sinais utilizan a tecnoloxía Leds para o seu funcionamento e contan cunha batería solar que se carga durante o día.

O Concelleiro indicou que esta medida tomarase nas vías máis perigosas pola súa estrutura e xeneralizarase ao resto da cidade. Esta é a primeira que se coloca en Lugo.

Noticias relacionadas