Avanza a ampliación da beirarrúa en República Arxentina

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a actuación con técnicos municipais

Arroxo: “a ampliación da beirarrúa está practicamente rematada, quedando só desprazar o alumeado público para garantir a accesibilidade”

Venres, 25 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanza a ampliación da beirarrúa en República Arxentina

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou os traballos de ampliación de beirarrúas que a área de Mobilidade e Infraestruturas está a realizar na contorna da rolda da República Arxentina. A área afectada comprende o treito de República Arxentina que discorre entre Pintor Corredoira e a rúa Santiago, que presentaba bastantes deficiencias e unha anchura insuficiente para o correcto tránsito de peóns.

Rubén Arroxo afirmou que “a actuación está practicamente rematada, actualmente a nova beirarrúa está case rematada e falta só desprazar a instalación do alumeado público para garantir a accesibilidade".

A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 62.974,45€ nesta actuación, que estará rematada nas vindeiras semanas. Os traballos inclúen a renovación do pavimento con baldosas de formigón, aumentando o ancho da beirarrúa, ademais da renovación da rede de sumidoiros da zona e o desprazamento da instalación de alumeado público até a nova marxe.

Rubén Arroxo afirmou que "esta intervención é necesaria para favorecer a accesibilidade das veciñas e veciños de Lugo, ao mesmo tempo que se melloran as instalacións e os servizos públicos".

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre as beirarrúas en República Arxentina | Descargar mp3

Multimedia

  • Avanza a ampliación da beirarrúa en República Arxentina

Noticias relacionadas