A área de Medio Ambiente desenvolve estes días un operativo intensivo de limpeza no Ceao

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, indicou que os traballos se levarán a cabo durante as próximas xornadas, atendendo a petición realizada pola Asociación de Empresarios dos Polígonos.

O dispositivo, composto por unha brigada de cinco operarios con sopladoras e dous tractores, fará fincapé no aseo das beirarrúas e a retirada de lixo da vía pública.

Martes, 21 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente desenvolve estes días un operativo intensivo de limpeza no Ceao

O tenente de alcaldesa e responsable da concellería de Medio Ambiente, Miguel Fernández, informou hoxe do inicio dun operativo especial de limpeza no parque industrial do Ceao.

“Unha intervención que se leva a cabo en atención ás demandas que nos fixo chegar a Asociación de Empresarios dos Polígonos e que se executará durante as próximas xornadas ata acondicionar por completo toda a contorna”, explicou o edil.

O dispositivo mobilizado pola área de Medio Ambiente componse dunha brigada de cinco operarios que, provistos do material necesario, como poden ser varias sopladoras, e coa axuda de dous tractores, farán fincapé no aseo das beirarrúas e na retirada do lixo que se desbota de xeito incívico na vía pública.

“Esta mañá o equipo estivo traballando na rúa das Panadeiras e na dos Carros logo de finalizar en Benigno Rivera – dirección saída N- VI – e na rúa da Agricultura e nos vindeiros días seguirá até completar todo o Polígono e o das Gándaras cuxa limpeza se executará a continuación”, indicou Miguel Fernández.

Os labores súmanse aos que xa se están a realizar na cidade, dentro da planificación da Concellería de Medio Ambiente, tanto por parte dos operarios municipais como das empresas que se encargan do mantemento dos espazos axardinados da capital e tamén xunto ao operativo integral que esta semana se concentra en Augas Férreas.

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente desenvolve estes días un operativo intensivo de limpeza no Ceao

Noticias relacionadas