A área de Infraestruturas do Concello de Lugo presenta o plan de tráfico do 46º Rallye de San Froilán 2024

As modificacións serán efectivas durante os días 18, 19 e 20 de outubro.

Alexandre Penas insitiu na importancia dun “plan ben estruturado que garanta o desfrute dun dos eventos automobilísticos máis importantes da provincia”.

Mércores, 16 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Infraestruturas do Concello de Lugo presenta o plan de tráfico do 46º Rallye de San Froilán 2024

O concelleiro responsable da área de Infraestruturas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, anunciou o plan de tráfico correspondente ao 46º Rallye de San Froilán, que se celebrará na cidade de Lugo esta fin de semana. Penas explicou que o informe de Condicións de Tráfico e Seguridade foi elaborado “co fin de permitir a ocupación precisa en condicións de seguridade tanto para organización e participantes como para usuarios da zona de influencia”.

Este informe, explica, “supón a disposición do parque pechado para vehículos participantes na Avenida Ramón Ferreiro, Praza Horta do Seminario, Avenida Rodríguez Mourelo e Rúa Salvador de Madariaga, así como para as verificacións técnicas na Rúa dos Canteiros ubicada  no Polígono do Ceao”.

O concelleiro insistiu na importancia de “contar cun plan de tráfico ben estruturado que garanta que tanto participantes como público poidan desfrutar dun dos eventos automobilísticos máis importantes da provincia sen riscos innecesarios e axudando a previr posibles accidentes”.

Adxúntase o plan de tráfico (descargar pdf).

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, sobre o plan de tráfico | Descargar mp3

Noticias relacionadas