A área de Cultura modifica a programación do San Froilán

Anúlanse os concertos d’A Banda da Loba por motivos alleos á organización

As entradas para os novos concertos estarán dispoñibles en entradaslugo.es

Xoves, 08 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, comunicamos que, por motivos alleos á organización da Semana Cultural do San Froilán, os concertos d’A Banda da Loba previstos para o domingo 11 e o luns 12 teñen que ser anulados. No seu lugar, incluirase unha terceira sesión de Verto o luns, 12 de outubro, na praza de Agro do Rolo, dado que foron o primeiro grupo en esgotar as entradas e a área de Cultura recibiu durante estes días múltiples solicitudes dunha nova audición, e Margarida Mariño dará unha segunda sesión o domingo 11 en Augas Férreas. Ambas actividades terán 150 entradas que estarán dispoñíbeis durante a tarde de hoxe.

Noticias relacionadas