Ana González Abelleira asiste aos actos con motivo do Día Internacional do Voluntariado

Este ano a Rede Lucense de Voluntariado celebra o seu décimo aniversario e na actualidade está formada por trece entidades sociais que realizan o seu labor na cidade

Martes, 05 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira asiste aos actos con motivo do Día Internacional do Voluntariado

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiu este martes, no patio do Centro Cultural do Vello Cárcere, aos actos con motivo do Día Internacional do Voluntariado, organizados pola Rede Lucense de Voluntariado en colaboración co Concello.

Entre as actividades realizadas, houbo un espazo informativo das entidades de acción voluntaria que forman parte da Rede. Tamén se proxectou un vídeo onde se visualizou o traballo en rede destes dez anos. Ademais todas as persoas asistentes puideron participar nun photocall e nunha ximkana sobre o voluntariado.

O acto principal contou coa lectura dun manifesto e coa homenaxe a persoas voluntarias como recoñecemento a súa labor voluntaria e as actividades finalizaron cun concerto de Adrián Vigo e David Taboada.

Rede Lucense de Voluntariado

Este ano a Rede Lucense de Voluntariado celebra o seu décimo aniversario e na actualidade está formada por trece entidades sociais que realizan o seu labor na cidade: Aliad-Ultreia, Aspnais, Ateibo, Auxilia, Cáritas, Capaces, Cogami, Dignidade, Down, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano, Raiolas e Universidade de Santiago.

Noticias relacionadas