“A comunidade arxentina participa activamente no día a día de Lugo, contribuíndo ao seu desenvolvemento social, cultural e económico. Fortalecer estes lazos é fundamental para seguir avanzando xuntos", resaltou a rexedora.

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello á consulesa Xeral da República Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro. Durante o encontro, tratáronse temas de interese común para ambas entidades e destacouse a importancia de estreitar vínculos coa comunidade arxentina, moi presente e arraigada en Lugo.
"A experiencia e o coñecemento de Silvina, nun cargo que xa desempeñou anteriormente, é unha garantía para reforzar as nosas relacións e colaborar en proxectos que beneficien a ambas partes," sinalou a rexedora. "A comunidade de veciños e veciñas procedente de Arxentina, un país estreitamente vencellado con Galicia, participa activamente no día a día de Lugo, contribuíndo ao seu desenvolvemento social, cultural e económico. Fortalecer estes lazos é fundamental para seguir avanzando xuntos", concluíu a rexedora.


