A alcaldesa de Lugo apela á capacidade consenso coa que se forxou a Constitución Española no 44 aniversario da súa proclamación

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto a outros integrantes da Corporación Municipal, asistiron este martes aos actos conmemorativos do 44 aniversario da Constitución Española, que tiveron lugar ás 12:00 horas no Salón de Actos da Subdelegación do Goberno.

Martes, 06 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo apela á capacidade consenso coa que se forxou a Constitución Española no 44 aniversario da súa proclamación

A rexedora incidiu na necesidade de apelar aos valores cidadáns nos que se substenta o documento, cualificado en 1978 como a Constitución do consenso. ”Un clima que cómpre recuperar, aparcando a belixerancia dialéctica que só contribúe á crispación e a deturpar a función política, para superar os complexos momentos económicos e, por tanto, tamén sociais polos que atravesamos, logo dunha crise sanitaria e dun conflito bélico que continúan a ter repercusións globais”, sinalou.

“Nun día coma hoxe, todas e todos debemos reflexionar sobre o moito que nos custou como sociedade proclamar os dereitos fundamentais que nos amparan, a soberanía nacional, a descentralización ou a división de poderes, así como todas as liberdades públicas das que hoxe gozamos e sobre as que debemos avanzar e reforzar a súa firmeza para impedir retrocesos, sen esquecer xamais que esas liberdades son a esencia da nosa convivencia democrática” , concluíu Lara Méndez.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo apela á capacidade consenso coa que se forxou a Constitución Española no 44 aniversario da súa proclamación

Noticias relacionadas