Aberta de novo a rúa Soto Freire, accesible e con arboredo

A Alcaldesa, a Concelleira de Economía e o Voceiro Municipal supervisaron o remate das obras nesta rúa, que dende hoxe se pode transistar cunha nova imaxe

"Esta é unha obra máis coa que recuperamos un espazo público para o seu público e coa que Lugo gaña unha nova zona peonil e camiña cara un novo futuro, marcado por converterse nunha cidade sostible, accesible e pensada para as persoas, na que ter espazos para gozar de Lugo", subliñou Lara Méndez

Venres, 24 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberta de novo a rúa Soto Freire, accesible e con arboredo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, supervisaron estes venres o remate das obras da rúa  Soto Freire, que dende hoxe está aberta ao público cunha nova imaxe tras a súa renovación. Trátase dunhas actuacións enmarcadas dentro das tarefas da fase I do Vello Cárcere, para convertelo nun centro cultural e que abrirá as súas portas nas vindeiras semanas.

Tal e como manifestou a rexedora, "esta é unha obra máis coa que recuperamos un espazo público para o seu público e coa que Lugo gaña unha nova zona peonil e camiña cara un novo futuro, marcado por converterese nunha cidade sostible, accesible e pensada para as persoas, na que ter espazos para gozar de Lugo".

Os traballos consistiron no cambio do pavimento, na colocación de arboredo e na creación dun itinerario accesible, de baldosa de granito, de tal xeito que se garantice o tránsito das persoas con diversidade funcional por este emprazamento, eliminando as barrerias urbanísticas que supoñían o anterior modelo de rúa. Deste xeito, o Concello cumpre ademais cunha petición de Auxilia. Este itinerario accesible, que transcorre a carón da Estación de Autobuses, súmase aos realizados na Praza Maior, da Soidade e Pío XII. 

Multimedia

  • Aberta de novo a rúa Soto Freire, accesible e con arboredo

Noticias relacionadas