A Alcaldesa e o Reitor da USC acordan a cesión da Domus do Mitreo co obxecto de promover Lugo tanto divulgativa como turísticamente

Méndez e Viaño asinaron hoxe un convenio de colaboración para este efecto nun acto no que tamén se aproveitou para materializar un acordo marco para o estudo, difusión e valorización do patrimonio cultural lucense

"A entidade beneficiara destas sinaturas é a cidadanía de Lugo e con estes acordos gaña a cultura", asegurou na traxectoria do acto a Alcaldesa

Mércores, 28 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o Reitor da USC acordan a cesión da Domus do Mitreo co obxecto de promover Lugo tanto divulgativa como turísticamente

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, asinaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dous convenios de colaboración entre a institución municipal e a universitaria. Ao acto tamén asistiu o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, así como os distintos vicerreitores de Lugo, mestres e arqueológos.

Trátase, por unha banda, dun convenio para que a USC se faga cargo en solitario da xestión do museo da Domus do Mitreo, ubicado no Vicerreitorado, con vistas a transformalo no Museo Universitario Domus do Mitreo, e coa finalidade de que este se convirta nunha potente infraestrutura de apoio á docencia e á investigación, dotada ademais dunha dimensión divulgativa; e dun segundo convenio marco, para o estudo, difusión e valorización do patrimonio cultural lucense, que se poderá materializar en outros convenios específicos de colaboración. Ambos os dous teñen unha duración de catro anos, podendo renovarse de común acordo por igual período.

"A entidade beneficiaria da sinatura destes convenios é a cidadanía de Lugo e con estes acordos gaña a cultura", asegurou na traxectoria do acto a Alcaldesa, quen enmarcou este acto de firma, coincidindo no ano 2018, ano Europeo do Patrimonio Cultural, nunha "colaboración do público-público, capaz de crear sinerxias positivas que redunden beneficiosamente no marco de actuación das dúas institucións".

"Para Lugo o campus é imprescindible, máis aló da parte educativa, que é fundamental", asegurou a rexedora, quen avanzou que con ambos os dous convenios e dado que o alumnado cada vez é máis esixente, dótase de infraestruturas e colaboracións á cidade que poden funcionar como atractivo de destino para o estudantado.

Ambos os dous convenios propician á realización de actividades de interese común e a utilidade pública de dous espazos, que constiúen un importante recursos, non só dende o punto de vista educativo e divulgativo, senón tamén cultural e turístico. Por un lado, a Domus do Mitreo, que no pasado ano recibiu a visita de máis de 15.100 visitantes, e que se integrará na rede de museos da cidade, só que cunha xestión da universidade; e por outro, o Vello Cárcere, pois o convenio marco permitirá, por exemplo, que o Centro de Estudos da Cidade se ubique neste centro cultural. Ademais o convenio marco permitirá que este centro poida contibuír a avanzar na candidatura para que o casco histórico da cidade sexa declarado Ben Mundial, ou para distintas accións do proxecto Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado nun 80% con Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), tal e como lembrou a Alcaldesa que xa se fixera co estudo histórico xeolóxico das marxes do río Miño.

Pola súa banda, o Reitor enxalzou o obxectivo de cada un dos convenios, por un lado poñer a Domus do Mitreo como museo a disposición da sociedade luguesa, e por outro relanzar actividades científicas e pedagóxicas do Centro de Estudos, propio da USC, principalmente co Concello de Lugo, ambos os dous co obxecto de inculcar "nervio universitario" á cidade. Para rematar, agradeceu a disposición do Concello para materializar estes dous acordos.

Multimedia

  • A Alcaldesa e o Reitor da USC acordan a cesión da Domus do Mitreo co obxecto de promover Lugo tanto divulgativa como turísticamente

Noticias relacionadas