O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixeron entrega dos diplomas que acreditan a superación dos itinerarios formativos que conforman o programa Lugo, cidade próxima.
Dos 281 solicitantes do proxecto, foron seleccionados 160 que se axustaban ós criterios de selección previamente establecidos.
ncellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou no Centro de Empresas e Innovacións (CEI-NODUS) unha conferencia sobre o financiamento das empresas e como financiar as actividades innovadoras. Nesta xornada participaron Daniel Yebra (asesor patrimonial) David Calvo (representante de Unirisco) e o empresario Jorge F. Amoedo que contou a súa experiencia.
Nun prazo de dous meses estará rematada a documentación suplementaria solicitada pola Consellería de Medio Ambiente para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que a proposta oficial entrará no Concello o luns, aínda que no día de hoxe informou da proposta aos voceiros dos partidos políticos da oposición.
A documentación esixida requirirá dun traballo posterior que realizará o propio equipo redactor do Plan por un orzamento de 48.000 euros e cun prazo de execución de dous meses dende a
O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe, despois dunha reunión cos responsables da demolición do antigo matadoiro de Abella, que estes traballos comezarán o 23 de febreiro. A demolición será custosa: 600.000 euros e permitirá o desenvolvemento definitivo desta zona da cidade.
Expropiar ó propietario da parcela edificable nas costas do Parque costaríalle ós petos dos lucenses 19.646.780 euros, é dicir, máis de tres mil millóns das antigas pesetas. "Custaría como facer xuntos a nova ponte sobre o río Miño e o Museo Interactivo da Historia de Lugo", explicou o voceiro municipal, José Ramón Gómez Besteiro, con documentos oficiais na man.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, presenciarán mañá, venres, os traballos de demolición dos antigos matadoiros de Abella e Frimisa, que darán comezo sobre as 11:45 da mañá.
Esta primeira parte da obra, que ten un prazo de execución de tres meses, comeza cun orzamento cercano aos 600.000 euros (574.745).
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, supervisaron a demolición dos antigos matadoiros de Abella e Frimisa. Estas instalacións abandoadas cederán o paso ó cremento e desenvolvemento do barrio máis un complexo acuático con iniciativa pública e privada. "Hoxe é un día grande. Estes traballos darán paso a unha nova cidade", afirmou o Alcalde.
Acompañados das empresas encargadas da demolición e urbanización, o Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo supervisaron a primeira parte dos traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses.
O Concello aprobou esta semana o proxecto de urbanización do chamado polígono Sur-K, situado na zona de San Fiz, fronte a Augas Férreas. Será a maior urbanización da historia de Lugo pero o máis notable é que o Concello conseguiu que o 71,8% da superficie total estea destinada a espazos libres, zonas verdes, viais e equipamentos para a cidade. O Alcalde, López Orozco, afirmou que "son desenvolvementos que honran á cidade, que nos fan ter esperanza no seu desenvolvemento e que mostran o Lugo de futuro e que Lugo ten futuro".
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que o Concello de Lugo avaliará o informe da Consellería de Cultura nunha comisión que terá lugar con todos os grupos políticos e técnicos implicados o vindeiro mércores. O máximo representante municipal afirmou que o Concello dialogará coa Consellería as cuestións que sexan competencia deste departamento pero non permitirá que ésta invada as cuestións de competencia municipal.
O Alcalde suscribiu as declaracions realizadas este mércores polo Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro.
O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe a apertura dun novo prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no centro histórico de Lugo.
Besteiro presentou esta sétima fase de axudas no marco da praza do Campo, "un lugar que reflicte claramente o resultado da aplicación da rehabilitación nos edificios de corte histórico da cidade", dixo.
Según indicou, o outorgamento de subvencións considérase unha técnica para fomentar determinadas actuacións e actividades que se consideran de utilidade pública ou de interese social.
Nos último
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1883
- 1884
- 1885
- 1886
- 1887
- 1888
- 1889
- 1890
- 1891
- …
- seguinte ›
- última »