Área de Cultura e Educación

Actualidade

O Concello de Lugo celebrará este venres, 13 de novembro,  no Fuxan os Ventos o acto institucional de nomeamento de Mariano Castiñeira Villaseca como Fillo Adoptivo
Luns, 09 de novembro de 2026

A homenaxe póstuma, aberta á participación de toda a cidadanía, recoñecerá a traxectoria e o legado dunha figura moi querida e respectada en Lugo.

 
O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid (2026.11.07)
Sábado, 07 de novembro de 2026

Por primeira vez, as entidades que fan posible este festa de interese turístico internacional serán as protagonistas da súa promoción nesta feira de turismo interior de España, cunha expedición de 16 asociacións e 173 participantes. A iniciativa foi acordada e traballada conxuntamente nunha reunión celebrada o pasado 8 de setembro.